domingo, 4 de septiembre de 2022

Los Españoles 1971 - Tip

Formato: FLAC 
Tamaño Rar: 176,69 MB 

     Por certo LOS ESPAÑOIS son moito máis coñecidos para os galegos do que pensas, máis iso si para as persoas que teñen de 50 anos para enriba e non so son coñecidos na nosa terra senón que fixeron moitas actuacións por toda EUROPA. 

Teñen unha longa discografía e no seu estilo eran dos mellores, ao mesmo nivel que OS SATELITES, e con menos persoal xa que LOS ESPAÑOIS eran un conxunto de 5 músicos....todos eles dominaban máis dun instrumento. 

Un dos seus membros históricos o cantante, guitarra e saxofón: LITO, vivía en SADA. Finou hai uns anos e o seu fillo, chamado tamén LITO, tamén é músico profesional nunha importante orquestra galega. Outro dos históricos membros do conxunto era o bateria CANDELAS, fillo do ferreiro de CAMBRE, un pobo perto da CORUÑA. 

 LOS TAMARA tomaron do repertorio de LOS ESPAÑOIS o clásico "GALICIA TERRA NOSA" que na voz de PUCHO BOEDO e unha das marabillas da música galega.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario